A USC recoñece os máis de trinta anos ao servizo da institución
Este xoves entrégalle a Insignia Fonseca a 50 dos seus traballadores e traballadoras
A Universidade de Santiago entregaralle este xoves 10 a Insignia Fonseca a cincuenta traballadores e traballadoras da comunidade universitaria, dezasete do cadro de Persoal de Administración e Servizos e os restantes do Persoal Docente e Investigador, en recoñecemento aos seus máis de 30 anos ao servizo da institución. O acto, presidido polo reitor Juan Casares Long, desenvolverase ás 13.00 horas no Salón Nobre de Fonseca e nel intervirán Consuelo Brea López en representación do PAS e Teresa Fanego Lema por parte do profesorado.