Skip to main content

Aberto o prazo da primeira convocatoria do Programa de Mobilidade por Convenio Bilaterial para grao, másteres e licenciaturas

Funde as anteriores convocatorias de América latina e países de fala inglesa

A Vicerreitoría de Relacións Exteriores e Internacionalización acaba de abrir a primeira convocatoria do Programa de Mobilidade por Convenio Bilateral para estudantes de grao, másteres ou antigas licenciaturas da USC cara a países extracomunitarios (América Latina, Estados Unidos, Canadá, Australia, Rusia, Xapón, China ou República de Corea). Esta convocatoria para a realización de estadías no semestre que se estende entre xaneiro e xullo de 2014 funde nunha as anteriores convocatorias de América Latina e países de fala inglesa. Outra novidade radica en que o período básico da mobilidade é agora o semestre, con posibilidade de renovación por outro máis, o que permite ao alumnado adaptarse aos distintos calendarios académicos das universidades de destino (febreiro-xullo e agosto-xaneiro). As solicitudes presentaranse exclusivamente en liña, a través da secretaría virtual, ata o día 30 de setembro. O texto da convocatoria, anexos e ligazón á solicitude pode consultarse na web do Portal Internacional da USC.

The contents of this page were updated on 09.16.2013.