Skip to main content

Fondo pesar na Universidade de Santiago polo pasamento de dous prezados membros

A Universidade de Santiago está de loito polo pasamento de dous dos seus membros, recoñecidos e queridos nos ámbitos da xestión universitaria e da docencia e a investigación. A institución únese así á dor de familiares e amizades nestes duros momentos. O pasado 21 de setembro falecía en Pontevedra Ernesto Viéitez Cortizo, primeiro decano da Facultade de Bioloxía e catedrático de Fisioloxía Vexetal. Foi o principal impulsor da creación do citado centro na USC, integrado como Sección de Ciencia Biolóxicas da Facultade de Ciencias ata o ano 1977, e promoveu a construción do actual edificio en 1982. Dedicou a súa carreira profesional á docencia e como investigador foi pioneiro no estudo do castiñeiro. Foi ademais presidente da Real Academia Galega de Ciencias e alcalde de Santiago. Pola súa banda, o venres finou Laureano Álvarez, traballador xubilado da Universidade de Santiago dende a década dos 80, que dedicou boa parte da súa traxectoria profesional a dirixir o Centro de Orientación e Información Estudantil (COIE).

The contents of this page were updated on 09.23.2013.