Skip to main content

O Centro de Estudos Locais da USC organiza unha mesa redonda sobre a fragmentación territorial

O Centro de Estudos Locais da USC, xunto coa Asociación Galega de Estudos do Sector Público (AGEESP) e a revista Urban Public Economics Review, celebrarán este venres 27 unha mesa redonda na que se reflexionará sobre o lema ‘Se a fragmentación territorial é un problema, a fusión é a solución?. A partir das 13.00 horas no Salón de Actos da Real Sociedade Económica de Amigos do País, intervirán o catedrático de Economía Aplicada da USC Luís Caramés e Jean-Michel Uhaldeborde, da Universidade de Pau et des Pays de l’Adour, moderados pola profesora de Facenda Pública da USC María Cadaval. Con esta iniciativa, os promotores do seminario buscan xuntar esforzos para profundar no debate público arredor das cuestións formuladas arredor da descentralización, o Estado das Autonomías, a reforma local e a organización do territorio.

The contents of this page were updated on 09.26.2013.