Skip to main content

Eutropio Rodríguez retrata a emigración e a adaptación a un novo mundo a través da familia Fraga

Eutropio Rodríguez retrata a emigración e a adaptación a un novo mundo a través da familia Fraga
Eutropio Rodríguez retrata a emigración e a adaptación a un novo mundo a través da familia Fraga

O fotógrafo galego Eutropio Rodríguez marchou a Nova York na busca de historias fugaces coas que documentar a vida de varias familias galegas. Nese periplo pola grande urbe atopouse coa familia Fraga, que se convertería no centro do seu gran proxecto. ‘The Fraga Family’ é unha historia sobre o mundo, un proxecto sobre a emigración e a adaptación a outro país ao longo de décadas que a partir deste sábado 5 e ata o 29 de outubro se presenta ao público na Igrexa da Universidade como parte do Outono Fotográfico de Ourense. O autor Eutropio Rodríguez (Compostela, 1969) é licenciado en Historia da Arte pola USC e graduado en Fotografía Documental polo International Center of Photography de Nova York. O autor combina o seu traballo de fotógrafo comercial e editorial cos seus proxectos documentais persoais, como o que este sábado se presenta. Premiado en diversos certames como o Premio Ksado da Deputación da Coruña e o Premio Caja España, ten publicado o seu traballo en The New York Times e Rolling Stone Magazine-New York, entre outros.

The contents of this page were updated on 10.02.2013.