RedEmprendia fomenta en Boston o debate sobre o presente e o futuro do emprendemento universitario

Unha trintena de persoas ligadas ás universidades que forman parte de RedEmprendia asistiron esta semana en Boston ao curso ‘Santander Universities – Babson Entrepreneurship & Innovation Symposium for RedEmprendia Fellows’, patrocinado polo Banco Santander a través de su División Global Santander Universidades. Da USC participou Laura Acuña, da Oficina de Transferencia de Tecnoloxía. O programa deste ano centrouse en explorar diferentes realidades, obstáculos e desafíos sobre tres cuestións fundamentais: qué pode facer o emprendemento universitario por mellorar a economía, por qué as startups non están creando un gran número de postos de traballo e por qué o retorno do investimento en innovación é baixo para moitas grandes empresas. Nesta edición participaron 14 docentes, responsables de transferencia e innovación, técnicos/as en emprendemento e xestores das 10 universidades españolas de RedEmprendia, que traballaron de forma conxunta con outros 13 colegas profesionais de Arxentina, Brasil, Colombia, México y Portugal. Ademais abordáronse temas sobre a dinámica da innovación, a creación e xestión de ecosistemas para o emprendemento, o design thinking, a identificación de oportunidades e business model innovation e o Entrepreneurial Thought and Action -unha metodoloxía para a formación en emprendemento creada e desenvolvida en Babson College-.