Skip to main content

Outorgados os Premios á calidade lingüística dos traballos académicos da USC

Cinco estudantes de veterinaria, bioloxía, enxeñaría civil, filoloxía galega e mestre/a de Primaria fixéronse cos Premios á calidade lingüística dos traballos académicos da USC do curso 2012-2013. A esta novena edición admitíronse un total de 23 traballos, a meirande parte deles pertencentes ás áreas de humanidades e ciencias sociais e xurídicas. Na área de ciencias da saúde o premio foi para o traballo ‘Benestar animal no transporte de animais de abasto’, de Itziar Prieto e outras, de terceiro curso de Veterinaria; mentres que na de Ciencias premiouse o titulado ‘Evolución da resposta inflamatoria en rodaballo durante a vacinación’ , do alumno de quinto de Bioloxía Sergio Mariño Estévez. ‘Estudo de impacto ambiental do ensanche e mellora do vial de enlace entre a estrada LU-530 e a Rúa Doutor Ulises Romero’ e o traballo gañador da Área de Enxeñaría, da autoría da alumna do curso ponte de Enxeñaría Civil Sandra Lombao Fariñas e outra. En Humanidades fíxose co premio María Crespo Vázquez, de primeiro de Filoloxía Galega, pola súa ‘Análise do verbo molestar’, e Alba Blanco Pérez e outras, de segundo de Mestre de Primaria, gañaron na área de ciencias sociais e xurídicas con ‘Do conto á xeometría’.

O xurado, que tomou a decisión por unanimidade, estivo presidido polo director do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Núñez Singala; e composto ademais polo persoal técnico do mesmo servizo Xusto A. Rodríguez Río, Manuel Bermúdez Blanco e Isabel Vaquero Quintela, e pola técnica do Concello de Santiago, Socorro García Conde.

The contents of this page were updated on 10.01.2013.