Skip to main content

A primeira Proba de Atletismo en Ruta da USC dispútase este domingo co CorreSan

A semana de portas aberta que está a celebrar a Área de Deportes da USC porá o seu broche este domingo 13 xa que xunto coa proba do CorreSan que transcorrerá entre a Cidade da Cultura e o estadio multiusos de San Lázaro, realizarase unha clasificación especial correspondente á I Proba de Atletismo en Ruta da USC. Todas as persoas que queiran tomar parte nesta clasificación deberán estar inscritos no CorreSan de Santiago. Pode atoparse máis información na web da Federación Galega de Atletismo (http://www.fgatletismo.es/santiago/) ou no propio regulamento da actividade. Unha vez feita a inscrición deberá enviarse un correo electrónico a deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es) no que indiquen a súa intención de participar neste evento xunto co seu nome, apelidos e número de DNI. Semana de portas abertas

A semana de portas aberta desenvolvida pola Área de Deportes da USC comezou o pasado 1 de outubro e pretende dar a coñecer as instalacións e oferta deportiva da USC para este curso 2013-2014.

The contents of this page were updated on 10.08.2013.