A Área de Historia do Dereito e das Institucións debaterá sobre a orixe de Cristobal Colón
A Área de Historia do Dereito e das Institucións da USC organizará a vindeira semana unha mesa redonda na que se debaterá sobre a orixe de Cristobal Colón. No Salón de Graos da Facultade de Dereito o martes 15 e con entrada libre, a mesa desenvolverase baixo o lema ‘A teoría da orixe galega de Cristobal Colón’ e contará coa presenza de Guillermo García de la Riega Bellver, Modesto Manual Doval Montes e Eduardo Esteban Meruéndano, considerados tres destacados defensores da orixe galega de Colón, moderados pola profesora de Historia do Dereito Mª Teresa Bouzada. Os participantes exporán os argumentos que lles permiten defender unha orixe galega, e máis concretamente, pontevedresa, do descubridor e a súa relación con Pedro Madruga, amparándose na abundante documentación de diversa natureza recollida xa dende finais do século XIX polos iniciadores e continuadores da Teoría. Argumentos histórico-xurídicos, lingüísticos e toponímicos, así como as consecuencias que para a comunidade galega tería a aceptación desta teoría serán comentados na mesa redonda.