Skip to main content

Ampliado o prazo de presentación da terceira edición de ‘Somos a curta’

Ampliado o prazo de presentación da terceira edición de ‘Somos a curta’
Ampliado o prazo de presentación da terceira edición de ‘Somos a curta’

O prazo de presentación da terceira edición do certame de curtas de comedia ‘Somos a curta’ amplíase ata o próximo día 25. Esta é unha convocatoria aberta ao alumnado das tres universidades galegas, do bacharelato artístico e das diferentes escolas de imaxe e son que organiza a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación coa colaboración da Liga Estudantil Galega. As pezas deberán estar realizadas en galego e cunha duración máxima de dez minutos. O premio está dotado con 400 e 200 euros, respectivamente, para os dous proxectos mellor valorados polo xurado, que estará formado por profesionais na materia. Ademais farase entrega dun premio ao traballo que mellor aceptación teña entre o público asistente á gala.

The contents of this page were updated on 10.08.2013.