Skip to main content

Comeza o XVI Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas

A décimo sexta edición do Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas dará comezo este xoves 10 no Hotel Hesperia Isla de la Toja (O Grove, Pontevedra). No encontro mostraranse os avances máis recentes nos ámbitos dos recursos mariños e a acuicultura e favorecerase o contacto entre centros de investigación, empresas e institucións públicas de Galicia, España e Europa. ForoAcui estruturarase en varias conferencias maxistrais e cinco mesas de debate, que nesta edición serán Marisqueo e pesca de baixura; Acuicultura; Empresa e recursos; Difusión Tecnolóxica; e Calidade do produto.

The contents of this page were updated on 10.09.2013.