Xeografía e Historia entrega as medallas do centro ao persoal que se xubila
No curso 2012-13 xubiláronse na Facultade de Xeografía e Historia oito persoas, que este venres 5 recollerán cadansúa medalla acreditativa nun acto que terá lugar ás 12:00 horas no Paraninfo. Nesa cerimonia de recoñecemento, que presidirá o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua e docente do centro, Francisco Durán, recibirán a medalla María Pilar Alén Garabato, José Ramón Barreiro Fernández, María Carbajales Grobas, Elisa Ferreira Priegue, José María García Oro, María Luisa Pérez Iglesias, María Pilar Torres Luna e José Manuel Vázquez Varela. O acto complétase coa conferencia ‘As humanidades no presente e no futuro’ a cargo do catedrático José Ramón Barreiro.