Skip to main content

Estudan a relación entre atmosfera, clima e raios cósmicos

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

Atmosfera, clima e raios cósmicos son as cuestións que se abordarán de xeito conxunto nun curso que do 2 ao 5 de setembro reúne a expertos das universidade de Santiago e Vigo así como de Meteogalicia para facer unha introdución sobre a atmosfera terrestre e os principais fenómenos da mesma que afectan ou están relacionados co clima e, a partir das principais características da dinámica atmosférica, mostrar algunhas nocións das técnicas de predición meteorolóxica. Termodinámica da atmosfera, paleoclima, técnicas de predición meteorolóxica, as capas da atmofera, o sol ou o clima son algunhas das cuestións que se abordan neste curso que tamén inclúe prácticas de monitorización e exercicios prácticos tanto sobre o clima e a predición como sobre a detección e as propiedades dos raios cósmicos. Sobre este último aspecto, o curso prestará atención ao estudo da evolución histórica do clima e ao seu posible uso para a medida da temperatura da estratosfera. En conxunto, se propón un percorrido pola evolución do clima e as súas causas e exporase a teoría que propón unha posible influencia dos raios cósmicos no clima, establecendo así un punto de encontro para discutir os resultados experimentais recentes obtidos en laboratorio. Ademais, as persoas que se inscriban poderán coñecer as instalacións meteorolóxicas de Meteogalicia, en Santiago de Compostela, e asistir ao lanzamento dun globo sonda e á demostración, na Facultade de Física da USC, dun equipo para a detección de raios cósmicos. Para acadar máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web da Universidade de Verán.

The contents of this page were updated on 07.09.2013.