Skip to main content

O conselleiro de Economía e Industria inaugurou a VII edición do curso de experto en fiscalidade internacional

O conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Francisco Conde, inaugurou ese luns a VII Edición do Curso de Experto en Fiscalidade Internacional que dirixe o catedrático de Dereito Financeiro e Tributario da USC César García Novoa. O acto de apertura estivo presidido polo vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González García, e nel estivo tamén presente a decana en funcións da Facultade de Dereito, Isabel Espín Alba. O conselleiro, que apuntou a importancia da formación en materia fiscal para afrontar o proceso de internacionalización da empresa galega, insistiu na transcendencia da xeración de coñecemento no actual contexto económico e destacou o prestixio da Universidade de Santiago neste campo. O curso conta cunha trintena de persoas matriculadas procedentes de España e de oito países de Latinoamérica.

The contents of this page were updated on 07.09.2013.