Skip to main content

O Museo de Historia Natural organizará un obradoiro infantil sobre as dunas

Cartel do obradoiro
Cartel do obradoiro
Celebrarase o venres 19 dirixido a rapaces e rapazas de 6 a 12 anos
Santiago de Compostela

O Museo de Historia Natural organiza a vindeira semana o obradoiro infantil ‘ Moito máis que area: dunas’, unha actividade dirixida a rapaces de rapazas de 6 a 12 anos que se desenvolverá en horario matinal, de 11.00 a 13.00 horas, o venres 19.

Co obxecto de fomentar o descubrimento destes ecosistemas a través de actividades e xogos, o obradoiro pretende dar a coñecer características e curiosidades de diferentes especies de flora e fauna das dunas, entender as interaccións entre diferentes compoñentes deste ecosistema e valorar os beneficios que as dunas achegan á conservación de praias e costas. Impartido pola bióloga Eva Cortiñas Ferreira, os asistentes aprenderán a diferencia entre especies autóctonas, exóticas e invasoras, ademais de sensibilizarse sobre a importancia da conservación de especies que nidifican exclusivamente nestas zonas costeiras, como a píllara das dunas.

O obradoiro está deseñado para un grupo de entre 20 e 30 persoas, sendo preciso facer reserva previa cun mínimo de dous días de antelación.

The contents of this page were updated on 05.20.2024.