Skip to main content

A Biblioteca Concepción Arenal participa nunha mostra fotográfica organizada con motivo da posta en marcha do Max Planck Institute Luxembourg

A Biblioteca Concepción Arenal da USC é unha das seis bibliotecas españolas presentes nunha mostra fotográfica internacional organizada con motivo da posta en marcha do Max Planck Institute Luxembourg for International, European and Regulatory Procedural Law. O centro compostelá comparte cartel xunto coas bibliotecas do Senado, a da Facultade de Dereito da Autónoma e a da Complutense de Madrid, a Francisco de Vitoria salmantina ou a da Facultade de Derecho da Universidade de Murcia. Na mostra, preséntanse bibliotecas xurídicas de Alemaña, Australia, Austria, Canada, Chile, China, Francia, Italia, Xapón, Luxemburgo, Países Baixos, Portugal, Reino Unido, Unión Europea e Estados Unidos. A maioría dos centros bibliotecarios acompañaron as fotos cun saúdo a modo de benvida ao novo centro bibliotecario emprazado en Luxemburgo. Neste senso, e como sinalou o director da Concepción Arenal, Francisco Méndez, “foi unha honra para a Concepción Arenal acompañar a bibliotecas de gran prestixio e sentirse acollido na familia de bibliotecas de Dereito”. Neste senso, agradeceu a deferencia da invitación do Max Planck Institute para participar nesta iniciativa.

The contents of this page were updated on 07.19.2013.