Skip to main content

Fondo pesar polo falecemento de Manuel Sanín Mariño

A Universidade de Santiago únese á dor da súa familia e amizades
Santiago de Compostela

A Universidade de Santiago manifesta o seu fondo pesar polo falecemento de Manuel Sanín Mariño, membro do cadro de Persoal de Administración e Servizos, e únese á dor da súa familia e amizades.

Integrante do cadro de PAS da institución académica dende o ano 1987, en 1992 comeza a prestar servizos na Facultade de Xeografía e Historia na que durante un longo período foi responsable de Asuntos Económicos ata o seu recente traslado á Casa da Balconada.

The contents of this page were updated on 12.30.2019.