Skip to main content

O profesor González Herrán pecha este mércores as Conversas Líricas no Paraninfo

As Conversas Líricas no Paraninfo, organizadas en colaboración coa Asociación de Amigos da Ópera de Santiago, chegan ao seu fin este mércores 19 coa intervención do catedrático de Literatura Española da USC José Manuel González Herrán titulada ‘Pardo Bazán e Wagner’. A conferencia será ás 20:00 horas na Facultade de Xeografía e Historia.

Este ciclo de debate sobre os grandes clásicos da historia da música comezou no mes de febreiro coa intervención de José López calo e por el pasaron Arturo reverter, Carlos Villanueva, Andrea Merli e Miguel Ángel González Barrio.

The contents of this page were updated on 06.18.2013.