Skip to main content

Una xornada formativa sobre podoloxía organizada por Agavepor congrega 50 profesionais en Veterinaria

Asistentes as xornadas sobre podoloxía en porcino, organizadas por Agavepor na Facultade de Veterinaria
Asistentes as xornadas sobre podoloxía en porcino, organizadas por Agavepor na Facultade de Veterinaria
Abelardo López Ramos cifra no 15% a porcentaxe de porcas parideiras descartadas por problemas podolóxicos e prevé un aumento desta casuística coa lei de Benestar Animal

Unha xornada de formación práctica sobre podoloxía organizada pola Asociación Galega de Veterinarios de Porcino (Agavepor) reúne na aula Aresa da Facultade de Veterinarios de Lugo a medio centenar de veterinarios vinculados profesionalmente ao sector porcino, no que os problemas podolóxicos representan o 15% das causas que obrigan aos criadores a desfacerse das porcas de cría, segundo indicou o presidente de Agavepor, Abelardo López Ramos.

Os coidados podolóxicos son moi importantes nas explotacións de gando porcino, salientou López Ramos, quen prevé que a aplicación da nova normativa de benestar animal, que vén de entrar en vigor o pasado mes de xaneiro, incrementará de xeito significativo as patoloxías de patas e pezuños nas porcas parideiras, xa que “a nova lei obriga a que estes exemplares estean en liberdade durante 11 das 16 semanas do ciclo de xestación, período que as porcas de cría pasaban ata o momento encerradas nunha cuadra ou nunha gaiola ”. O presidente de Agavepor, que cuantifica en arredor de 100.000 o número de exemplares porcinos rexistrados en granxas de Galicia (a maior carga gandeira porcina atópase nas provincias de Ourense e A Coruña, seguidas de Pontevedra e Lugo), apunta asemade que moitas destas explotacións estarán obrigadas a remodelar as súas instalacións para poder adaptarse ás esixencias da nova normativa sobre benestar animal. Programa das xornadas O profesor do Departamento de Anatomía da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Cifuentes abriu a quenda de relatorios destas xornadas de formación prácticas organizadas por Agavepor cunha exposición sobre a anatomía e fisioloxía das extremidades. De seguido, Francisco Fernández, un veterinario da empresa Zinpro, ofreceu un relatorio sobre a calidade de aplomos e a lonxevidade das porcas. A osificación e a súa repercusión nos aplomos centrou a intervención do director de Servizos técnicos da empresa Cargill, José Antonio Crespo. A xornada de formación práctica sobre podoloxía porcina rematou cun taller práctico de fisioloxía e patoloxía e coa posterior posta en común das conclusións deste foro.

The contents of this page were updated on 06.19.2013.