Skip to main content

A Universidade de Granada inviste este venres ao profesor Alfonso Castiñeiras como honoris causa

En recoñecemento á súa traxectoria científica e á súa consolidada colaboración investigadora desde hai máis de 20 anos, a Universidade de Granada inviste este venres 7 como doutor honoris causa ao profesor da USC Alfonso Castiñeiras. A investidura celebrarase nun acto protocolario no Cruceiro do Hospital Real de Granada no que tamén serán investidos James Casey e Mª Ángeles Durán Heras. Catedrático dende 1991, Alfonso Castiñeiras ten publicados preto de medio millar de traballos de investigación e figura no posto 131 da relacións dos 409 autores que se citan con máis de 500 entradas na Cambridge Structural Database. Ademais figura no sétimo posto da relación dos máis importantes investigadores de Galicia, sendo o primeiro da especialidade de Química Inorgánica, e no trixésimo sexto dos investigadores de Química Inorgánica residentes en España. As súas principais liñas de investigación están relacionadas con proxectos arredor da química supramolecular, enxeñaría cristalina e recoñecemento molecular; a análise estrutural por difracción de raios X de cristais únicos; o estudo das propiedades magnéticas, ópticas e de actividade nucleasa de sistemas metálicos con moléculas de interese farmacolóxico; ou sobre síntese e caracterización estrutural de clústeres de Cu(I), Ag(I) e Au(I) e estudo das súas propiedades luminiscentes e da súa actividade citotóxica, entre outras cuestións.

The contents of this page were updated on 06.06.2013.