Skip to main content

A rehabilitación do Camiño de Santiago, tema das Leccións Xacobeas Internacionais deste ano

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2013

A sexta edición das Leccións Xacobeas Internacionais da USC que dirixe o profesor Miguel Taín Guazán versará sobre a rehabilitación do Camiño de Santiago. Este curso de verán desenvolverase do 17 a 20 de xullo no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia). A primeira xornada dedicarase á celebración da fundación da primeira Igrexa de Santiago e da universalidade xacobea, para continuar o 18 coas pegadas da peregrinación e rematar cunha terceira sesión sobre a recuperación e rehabilitación da catedral, da cidade e dos camiños de peregrinación. O último día resérvase para unha andaina polo tramo rehabilitado do Camiño Padrón- Escravitude- Castro Lupario. Intervirán no curso especialistas das Universidades de Santiago de Compostela, Sevilla, Tor Vergata di Roma e Università degli Studi di Palermo, ademais do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, da Catedral de Santiago, do Consorcio, da Asociación de Empresas e Profesionais da Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

The contents of this page were updated on 06.10.2013.