Skip to main content

Acto de Graduación na Facultade de Física

Acto de Graduación na Facultade de Física
Acto de Graduación na Facultade de Física
O alumnado da promoción 2015-2019 da Facultade de Física celebrou a súa gradución o pasado 20 de xullo no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.
Santiago de Compostela

O alumnado da promoción 2015-2019 da Facultade de Física da USC celebrou a súa gradución, o pasado sábado, 20 de xullo, cun acto celebrado no Salón Nobre do Colexio de Fonseca.

O acto, no que se impuxeron bandas e insignias aos novos graduados, estivo presidido pola decana da Facultade, Mª Elena López e nel participaron 59 membros da promoción que remata agora os seus estudos de grao. Os padriños da promoción, que tamén participaron no evento, foron os profesores Jaime Álvarez Muñiz, do departamento Física de Partículas, e Alfredo Amigo Pombo, do departamento de Física Aplicada. En nome dos estudantes tomaron a palabra Aarón Álvarez Araújo e Álvaro Crego Deán.

The contents of this page were updated on 12.30.2019.