Skip to main content

O simposio Opus Monasticorum redefine na súa sétima edición o concepto de territorio cultural

A sétima edición do simposio Opus Monasticorum revisará o concepto de territorio cultural máis alá da súa concepción como territorio asociado única e exclusivamente a un espazo xeográfico determinado e definido por unha comunidade máis ou menos ampla de individuos cuns sinais de identidade claramente precisados. O encontro explora a concepción de territorio asociado aos feitos históricos, “os espazos construídos pola arquitectura ou as imaxes elaboradas polos diferentes momentos culturais e ideolóxicos”, explican os promotores da xornada. Esta edición de Opus Monasticorum desenvolverase baixo o lema ‘Territorios culturais. Espazos, feitos e imaxes para a memoria’ para propoñer unha reflexión sobre as formas en que se deben definir estes territorios. Así, “serán os obxectos, os feitos, en definitiva, a memoria asociada coa historia os que permitan definir un mapa cultural que, con posterioridade, poderá fixarse nun territorio, entendido como categoría xeográfica ou física. O encontro celebrarase na Facultade de Xeografía e Historia entre os próximos días 16 e 18. A inscrición, de carácter gratuíto, aínda se pode formalizar ata o próximo venres, día 13, a través do correo electrónico info [at] opusmonasticorum.com (info[at]opusmonasticorum[dot]com) ou do formulario da web de Opus Monasticorum.

The contents of this page were updated on 12.10.2013.