Skip to main content

Alumni celebrará a súa asemblea xeral ordinaria

Nunha asemblea xeral extraordinaria posterior elixirá nova xunta directiva
Santiago de Compostela

Alumni USC celebrará este xoves 4 a súa asemblea xeral ordinaria no Salón de Actos da Facultade de Filosofía a partir das 18.00 horas que presidirá o vicerreitor de Profesorado, Ernesto González Seoane. Entre os puntos da orde do día figuran a presentación da memoria de 2018 e o informe de ingresos e gastos do ano pasado así como a aprobación do orzamento 2019 e a presentación da nova páxina web e do novo logo.

Deseguido, a partir das 19.15 horas celebrarase unha asemblea extraordinaria para a elección da nova Xunta Directiva que se renovará coas incorporacións da vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo, e das profesoras Loreto Fernández Fernández e Ángeles López Cabarcos. A partir das 19.30 horas terá lugar un acto de recoñecemento aos últimos socios protectores. Entre os empresarios que recollerán o diploma acreditativo figuran o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; o responsable de Campus na Nube, Antonio Vázquez; e o director xeral do grupo Intaf, José R. Franco, quen intervirá en nome dos homenaxeados.

The contents of this page were updated on 01.02.2020.