Skip to main content

Especialistas en dereito penal analizarán os instrumentos de loita contra a violencia de xénero

Especialistas das Universidades de Santiago, Vigo Minho (Portugal) e Bucarest (Romanía) reuniranse o vindeiro 15 de maio nun seminario para analizar os instrumentos penais de loita contra a violencia de xénero dende unha perspectiva europea comparada. Organizado polo Instituto de Criminoloxía e a USC no marco do proxecto de investigación ‘A violencia de xénero: problemas de cualificación xurídico-penal’, a xornada introduciraa o profesor Gumersindo Guinarte, co director do evento xunto con Fernando Vázquez-Portomeñe Seijas. Logo da presentación intervirán o decano da Facultade de Dereito de Minho, Mário Fererira; a profesora da Universidade de Bucarest, Cristina Rotaru; e a docente e secretaria xeral da Universidade viguesa, Inmaculada Valeije. As persoas interesadas en participar na sesión deben remitir un correo electrónico a icsec [at] usc.es (icsec[at]usc[dot]es).

The contents of this page were updated on 04.30.2012.