Skip to main content

21 dos 25 investigadores máis importantes de Galicia desenvolven o seu labor na Universidade de Santiago

Segundo o índice h que mide o número de publicacións dun investigador e as veces que se ten citado ese traballo

Segundo un estudo realizado polo Grupo para a Difusión do Índice h (DIH), 21 dos 25 investigadores máis importantes de Galicia desenvolven o seu labor na Universidade de Santiago. O índice h é unha relación numérica entre o número de publicacións dun investigador e o número de veces que se ten citado ese traballo. Trátase dunha referencia coa que se pretende medir a calidade dos investigadores e a influencia do seu labor. Partindo deste indicador, o grupo DIH acaba de facer pública unha relación dos investigadores máis influintes.

Encabezan esta relación Carlos Diéguez cun índice 65, seguido de Felipe Casanueva con 63, ambos os dous investigadores da área de Endocrinoloxía e Metabolismo. No seguinte lugar da USC sitúase María José Alonso cun índice de 48, na área Farmacoloxía.

Ángel Carracedo, na área de Medicina Legal, alcanza o índice 38; séguenlle Alfonso Castiñeiras (36) de Química Inorgánica e Nuclear; Arturo López Quintela (36), de Química Física e Ciencia dos Materiais; José Sánchez Castillo (35), de Neuroloxía Clínica; Luis Castedo (34), de Química Orgánica; José Rivas (34), da área de Física da Materia Condensada e Ciencia dos Materiais; e Jorge Blanco (34), de Microbioloxía.

Os seguintes no relatorio son Rafael Cela (33), de Química Analítica; Alicia Estévez Toranzo (33), de industria piscícola; Emilio Quiñoá (33), de Química Orgánica; Ricardo Jesús Riguera (32), da área de Química Orgánica; José Benlliure (31), de Física Nuclear; Juan Lema (31), de Biotecnoloxía e Microbioloxía Aplicada; Antonia Sousa (31), de Química Inorgánica e Nuclear; Jesús Blanco (30), de Microbioloxía; Miguel Blanco (30), da área de Microbioloxía; Humberto González Díaz (30), de Química Médica, Bioquímica e Bioloxía Molecular; e Eugenio Uriarte (30), de Química Médica e Química Orgánica.

Ligazóns relacionados:

The contents of this page were updated on 01.26.2012.