Skip to main content

Preséntase en Lugo o libro O rural galego a debate. Unha visión dende o Foro Rural Galego

En novembro de 2003 constituíase en Lugo o Foro Rural Galego, unha asociación que nacía co obxecto de pór en valor o mundo rural que finalmente se disolvía en 2009 deixando anos de actividade que agora se recollen no libro O rural galego a debate. Unha visión dende o Foro Rural Galego.

A publicación presentarana este mércores, 25 de xaneiro, ás 19.30 horas na Casa do Saber, diversos membros do Foro Rural nun acto ao que lle seguirá a conferencia ‘Desafíos de futuro para o rural galego’ a cargo do profesor de Economía e Política Agraria da USC Francisco Sineiro. Ao finalizar o acto repartiranse exemplares gratuitamente entre as persoas asistentes.

O volume, coordinado polo profesor da EPS Francisco Javier López González non só dá conta dos debates e xornadas que organizou o Foro senón que ademais incorpora algunhas achegas e reflexións sobre o rural por parte de membros da asociación que entre 2003 e 2007 presidiu Julio Ulloa Vence.

The contents of this page were updated on 01.24.2012.