Skip to main content

Presentouse en Cabo Verde un estudo sobre a ordenación e planificación territorial en África Occidental coordinado por Rubén Lois

Na cidade de Praia, a capital de Cabo Verde, tivo lugar a pasada semana a presentación da edición portuguesa da publicación Ordenación e planificación territorial en África Occidental: Cabo Verde, Senegal e Mali que coordinou o catedrático da USC Rubén Camilo Lois González.

A obra, tamén publicada en portugués e castelán, recolle os resultados obtidos no marco do proxecto ‘Deseño de instrumentos económico-territoriais para a xestión administrativa do desenvolvemento local en Senegal, Cabo Verde e Mali’ financiado pola Axencia Española de Cooperación para o Desenvolvemento.

A presentación, conducida polas investigadoras do Grupo ANTE María José Piñeira (USC) e Luzia Oca (Universidade Tras os Montes), contou coa asistencia do reitor da Universidade de Cabo Verde e de representantes da Embaixada española, da Oficina Técnica de Cooperación en Praia e das tres cámaras municipais participantes no proxecto (São Miguel, Santa Catarina e São Salvador do Mundo).

The contents of this page were updated on 01.24.2012.