Skip to main content

Revisión das probas de idiomas do Centro de Linguas Modernas

As persoas que fixeron as probas de idiomas no Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago para participar no programa Europracticum 2012-2013 poden revisar este luns, 30 de xaneiro, os seus exames.

As próximas probas que organiza o CLM serán as de acreditación lingüística do nivel B1 segundo o MCER. O próximo día 3 de febreiro os estudantes admitidos realizarán as probas escritas tanto no Campus de Santiago como en Lugo.

Tamén en febreiro o Centro realizará as probas para os candidatos ao programa Sócrates-Erasmus. No campus compostelán comezarán o luns 6 para alemán e rematarán con italiano o día 10. No campus de Lugo comezan con francés o día 6 e rematan coa proba de portugués o 10.

The contents of this page were updated on 01.30.2012.