Skip to main content

A USC conmemora este mércores o Día Internacional das Mulleres cunha mesa redonda sobre a igualdade de oportunidades

Na mesma xornada entregaráselle unha mención honorífica ao Seminario Mulleres e Universidade pola súa traxectoria en prol da igualdade na Universidade

A Universidade de Santiago celebrará o mércores 7 o Día Internacional das Mulleres cun acto conmemorativo no que se lle fará entrega dunha placa con mención honorífica ao Seminario Mulleres e Universidade pola súa traxectoria en prol da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes da USC.

O acto, que dará comezo ás 17.00 horas no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, contempla ademais unha mesa redonda na que se tratará a igualdade de oportunidades desde dous enfoques, o da USC e o da sociedade en xeral. Moderada pola profesora Elena Vázquez Cendón, participarán nela o vicerreitor de Estudantes, Cultura e Formación Continua, Francisco Durán Villa; o responsable da área de asesoramento do Servizo de Normalización Lingüística da USC, Manuel Bermúdez Blanco; e os profesores Marcelino Maneiro Maneiro e Lourenzo Fernández Prieto.

The contents of this page were updated on 03.05.2012.