Skip to main content

O profesor da USC José Luis Carro, distinguido coa Cruz de Honra da Orde de San Raimundo de Peñafort

O Ministerio de Xustiza, con ocasión da pasada festa da Constitución, decidiu outorgar a Cruz de Honor da Orde de San Raimundo de Peñafort ao profesor José Luis Carro Fernández-Valmayor, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

A Cruz de Honra concédeselle a aquelas persoas que contribuíran de forma destacada ao desenvolvemento e perfeccionamento do Dereito, á obra lexislativa e de organización do Estado e sexan autoras de publicacións de carácter xurídico de relevante importancia.

A alta condecoración, que tamén premia, neste caso, unha ampla executoria universitaria, fora solicitada por importantes institucións e destacadas personalidades do mundo xurídico e académico.

O profesor José Luis Carro, autor dunha extensa obra xurídica, é, ademais, profesor convidado de varias universidades europeas.

The contents of this page were updated on 01.19.2012.