Skip to main content

Un seminario en Matemática percorre a evolución histórica da computación moderna

O profesor da Universidade de Xenebra Martin J. Gander impartirá este mércores 11 na Facultade de Matemática o seminario ‘From Euler, Schwarz, Ritz and Galerkin to Modern Computing’. O encontro celebraras ea partir das 11.00 horas no Salón de Graos do centro. O seminario mostrará como o camiño que conduce ás modernas teorías e métodos de cálculo espallan as súas orixes ao longo dos últimos tres séculos a través do esforzo de numerosos grandes matemáticos. Así, trazarase un vínculo entre as orixes da computación moderna e o traballo dos matemáticos puros á procura de métodos que lle permitisen comprender os obxectos matemáticos e demostrar teoremas. Nesta liña. Martin J. Gander referirase a modo de exemplo ao coñecido método de Schwarz para a computación paralela, coas súas orixes nunha proba de audacia de Riemann, ou ao método de elementos finitos, derivado do cálculo variacional de Euler-Lagrangee na tese de Walter Ritz.

The contents of this page were updated on 01.10.2012.