Skip to main content

Trasládase para o xoves a conferencia do ciclo sobre arqueoloxía de Lucus Augusti

A organización do ciclo ¿Coñece vostede Lucus Augusti? Avance dos últimos achados arqueolóxicos (2003-2011) trasladou para o xoves 19 a conferencia de clausura prevista para este mércores por mor da enfermidade do seu relator, o catedrático de Historia Antiga da Universidade de Alacante, Juan Mª Abascal Palazón.

No seu lugar este xoves 19 intervirá, ás 19.30 horas na Casa do Saber, o catedrático de Historia Antiga da Universidade Complutense de Madrid, Santiago Montero Herrero, coa conferencia ‘ Ritual mitraico e prácticas adiviñatorias’.

The contents of this page were updated on 01.17.2012.