Skip to main content

Bota a andar un proxecto de investigación sobre a biodiversidade vexetal ameazada en Galicia e Norte de Portugal

Bota a andar un proxecto de investigación sobre a biodiversidade vexetal ameazada en Galicia e Norte de Portugal
Bota a andar un proxecto de investigación sobre a biodiversidade vexetal ameazada en Galicia e Norte de Portugal

Co obxecto de inventariar a biodiversidade vexetal transfronteiriza ameazada de Galicia e o Norte de Portugal xurde o proxecto de investigación BIODIV_GNP (Biodiversidade Vexetal Ameazada Galicia-Norte de Portugal. Coñecer, xestionar e implicar) que, con cinco entidades implicadas, dirixirá a USC, concretamente o Departamento de Botánica da Facultade de Farmacia. Trátase de definir ao longo de dous anos os espazos transfronteirizos máis importantes para a protección e conservación presente e futura e crear unha plataforma conxunta e permanente de xestión que inclúa e beneficie á cidadanía. En definitiva, persegue unha implicación social e un desenvolvemento de iniciativas ambientalmente sostibles na fronteira. Os socios do proxecto -as Universidades de Santiago e Porto, a Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia e a Fundação Fernão Magalhães para o Desenvolvimento- reuníronse este martes no Parque Natural Aloia de Tui para planificar o traballo. Cunha inversión de 654.684 euros, o BIODIV está cofinanciado con 491.013 euros polo Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2007-2013 a través de fondos FEDER da Unión Europea.

The contents of this page were updated on 01.11.2012.