Skip to main content

A USC e outras nove universidades únense para traballar na actualización do dereito privado en España

A USC e outras nove universidades únense para traballar na actualización do dereito privado en España
A USC e outras nove universidades únense para traballar na actualización do dereito privado en España

Dez universidades españolas, entre elas a de Santiago de Compostela, asinaron este xoves en Salamanca un acordo marco de colaboración para apoiar, fomentar e impulsar as actividades do Grupo para a Reforma e Actualización do Dereito privado en España (ACTUALIZA), recentemente constituído. A sinatura tivo lugar con ocasión da celebración do pleno extraordinario do Consello de Universidades nesa cidade.

O grupo, do que é impulsora a catedrática da USC Mª Paz García Rubio, xurde coa finalidade de fomentar o debate académico e práctico no ámbito do dereito privado. Nunha primeira etapa dirixirá os seus esforzos cara a impulsar os estudos e a investigación no ámbito do dereito de obrigas e contratos e a promover a actualización e reforma do dereito privado español, implicando en todas estas tarefas a privatistas de toda España, con especial atención a novos e novas investigadoras e aos que se atopan en período de formación.

Forman parte deste grupo, ademais da USC, as Universidades Autónoma de Barcelona, Autónoma de Madrid, Cantabria, Girona, Málaga, Murcia, Pablo de Olavide de Sevilla, La Rioja, Valencia e Valladolid.

The contents of this page were updated on 01.20.2012.