Skip to main content

Unha delegación institucional do Brasil visita este martes a Aula de Produtos Lácteos

A Aula de Produtos Lácteos da Universidade de Santiago recibe este martes 24 a visita dunha importante delegación de Rio Grande do Sul (Brasil), encabezada polo secretario xeral de Agricultura, Luiz Fernando Mainardi, e outras autoridades de institucións públicas e privadas do estado.

A delegación chegará á Aula de Produtos Lácteos ás 13.15 horas para realizar un percorrido polas instalacións acompañados do seu director, Juan Méndez. Ao remate, asistirán a unha explicación da traxectoria do centro e debaterán, xunto co vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Pedro García Herradón, sobre as diversas posibilidades de cooperación.

The contents of this page were updated on 01.23.2012.