Skip to main content

Un curso debaterá os últimos datos sobre cambio climático

Un curso debaterá os últimos datos sobre cambio climático
Un curso debaterá os últimos datos sobre cambio climático
O curso ‘ Cambio climático: as cinco fases do duelo’ celebrarase entre os días 2 e 6 setembro na Facultade de Física
Santiago de Compostela

O curso ‘ Cambio climático: as cinco fases do duelo’ celebrarase entre os días 2 e 6 setembro na Facultade de Física, achegando ao alumnado “información obxectiva, rigorosa e realista en materia de cambio climático para comprender a magnitude das consecuencias deste fenómeno sobre o planeta, o individuo e a sociedade no momento actual”.

O programa deseñada dedicará cada unha das cinco xornadas as distintas ‘fases’, arredor das que se desenvolverán as intervencións previstas: negación, ira, negociación, depresión e aceptación. Con este enfoque, o curso tentará ademais potenciar a capacidade crítica entre os asistentes para facer fronte de xeito coherente aos retos que o cambio climático presenta. A inscrición poderá realizarse ata o 20 de agosto.

The contents of this page were updated on 01.02.2020.