Skip to main content

O pianista Juan Andrés Barahona ofrece este martes o segundo concerto de Músicas a carón da mosqueira

O pianista Juan Andrés Barahona ofrece este martes o segundo concerto de Músicas a carón da mosqueira
O pianista Juan Andrés Barahona ofrece este martes o segundo concerto de Músicas a carón da mosqueira
Leilía presenta esta semana en Lugo o seu último traballo

A música de Chopin, Liszt, Rachmaninov e Prokofiev inundará este martes 14 a Casa do Saber de man do pianista Juan Andrés Barahona, que ofrecerá o segundo concerto do ciclo ‘Músicas a carón da mosqueira’ organizado por Lugo Cultural en colaboración co AIE-Clásicos en Ruta, que cada ano selecciona novos intérpretes para que realicen actuacións en distintas cidades. O de Lugo, de entrada libre ata completar o aforo, terá lugar ás 20.00 horas. Barahona (París, 1989) estuda dende hai tres anos na Cátedra de Piano Fundación Banco Santander na Escola Superior de Música Reina Sofía coa profesora Galina Eguiazarova, onde en 2010 recibiu a mención como alumno más sobresaínte. Goza tamén de bolsas de matrícula da Consellaría de Cultura do Principado de Asturias e da Fundación Mª Cristina Masaveu Peterson para a Formación Musical. Asistiu a leccións maxistrais dos profesores Joaquín Achúcarro, Julián Martín, Marc Durand, Kim Nam Yun, Pavel Gililov e Ferenc Rados, entre outros, e foi galardoado co Primeiro Premio no VII Certame Nacional de Piano de Veguellina de Órbigo, no III Concurso de Piano de Barcelona (2007) e no XX Concurso Internacional Paper de Música en Capellades (Barcelona) en 2010 co seu dúo xunto a Maksym Dyedikov. Ademais, obtivo o Segundo Premio no XIV Concurso Internacional Ciudad de Carlet e no Certame de Mozos Intérpretes Hernán Naval de Ribadeo. Juan Andrés Barahona actuou como solista coa Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias e ofreceu recitais no mosteiro asturiano de Valdediós e na Casa da Música de Quito (Ecuador). En 2009 participou no concerto en homenaxe a Isaac Albéniz no Auditorio Sony de Madrid. Igualmente, como alumno da Escola é membro dos grupos con piano Brahms de El Mundo e Haendel de Puertos del Estado coa profesora Márta Gulyás. Leilía A programación musical do Campus lugués continúa este xoves 16 coa actuación de Leilía que inaugura o ciclo Lubicán. Este primeiro concerto, de entrada gratuíta, terá lugar ás 20.30 horas no Auditorio Gustavo Freire e servirá de presentación do seu último traballo, ‘Consentimento’.

The contents of this page were updated on 02.13.2012.