Skip to main content

Aberta a inscrición na proba de nivel para os cursos de español como lingua estranxeira

O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC manterá aberta ata o 2 de marzo a inscrición na proba de nivel para os cursos cuadrimestrais de español como lingua estranxeira en Santiago e Lugo. A proba será ese mesmo día e quen a supere disporá ata o 16 de marzo para matricularse. Os cursos, de 40 horas presenciais e 60 de traballo autónomo, diríxense unicamente a estudantes dos programas de mobilidade e de intercambio e a persoal investigador estranxeiro que forma parte da Universidade de Santiago de Compostela. As clases, centradas no desenvolvemento das destrezas comunicativas, están adaptadas aos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas. A maiores, o CLM ten previsto desenvolver un curso de cultura e literatura española a través do cine desde o 20 de marzo ata o 14 de xuño para o que o prazo de matrícula estará aberto ata o día 21 de marzo.

The contents of this page were updated on 02.24.2012.