Skip to main content

O CITIUS explora como mellorar o proceso de recuperación de información

Será nunha charla que imparte o investigador Roi Blanco

Os enfoques tradicionais de recuperación de información presentan o texto completo do documento como unha resposta á pregunta dun usuario. Non obstante, as aplicacións que van máis alá e fan uso de información adicional para mostrar e interactuar cos resultados son cada vez máis populares entre os principais motores de busca. O investigador do Yahoo! Research Barcelona Roi Blanco ofrecerá unha charla na Sala de Xuntas do Departamento de Electrónica e Computación da USC no edificio Monte da Condesa, organizada polo Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da USC (CITIUS), sobre como a mellora dun documento coas estruturas derivadas da análise superficial é capaz de transmitir unha experiencia de usuario diferente na busca e navegación de escenarios e que cambios enfronta o/a usuario/a como consecuencia. A intervención comezará ás 11.30 horas. Roi Blanco estudou na súa tese a interacción entre a eficacia e eficiencia dos sistemas de recuperación de información de textos. Neste senso, as súas principais áreas de investigación son a recuperación de información, aplicacións de procesamento da linguaxe natural, busca na web e acceso masivo de información en xeral.

The contents of this page were updated on 06.21.2012.