Skip to main content

Medio centenar de científicos de todo o mundo discutirá na USC sobre a fenomenoloxía do acelerador de partículas e dos raios cósmicos

Medio centenar de científicos de todo o mundo reuniranse entre este mércores 8 e o venres 10 no Departamento de Física de Particulas da USC para analizar os datos obtidos no acelerador europeo de Xenebra (LHC). Concretamente, centraranse nos relativos ao ‘mini bang’ e á creación de materia moi densa a moi alta temperatura (200.000 veces superior á do interior do sol) formada polos constituíntes últimos, quarks e gluóns, e producida nas colisións chumbo-chumbo realizadas a moi alta enerxía no LHC. ‘Hot and dense QCD in the LHC era’ é o lema deste workshop que representa ademais o duodécimo Encontro Lisboa-Compostela, organizado alternativamente nas dúas cidades. Nesta ocasión, a xuntanza forma parte tamén das actividades do programa Starting Grant concedido polo Consello Europeo de Investigación ao investigador Carlos Salgado. O programa comezará ás 9.30 horas na Aula Magna da Facultade de Física coa intervención do propio Salgado, ao que lle seguirá o profesor da USC Néstor Armesto. Pola tarde será a quenda de José Guilherme Milhano, do Centro Multidisciplinar de Astrofísica do Instituto Superior Técnico de Lisboa, ao que seguirán Zaida Conesa del Valle, do Laboratoire Leprince-Ringuet; a investigadora da USC Elena Ferreiro; e Jean-Philippe Lansberg, da Universidade de Heidelberg. Máis información en http://igfae.usc.es/indico/conferenceDisplay.py?confId=42

The contents of this page were updated on 02.07.2012.