Skip to main content

Continúa aberta a inscrición no curso de teatro en Lugo con máscara neutra

As máscaras neutras son empregadas como recurso pedagóxico no teatro
As máscaras neutras son empregadas como recurso pedagóxico no teatro

A vindeira semana comezará en Lugo, da man de Alberte Cabarcos, un curso de teatro no que se traballará con máscara neutra e para o que aínda está aberto o prazo de inscrición. Dirixido a actores, actrices e persoas afeccionadas ao teatro, á maxia, á danza ou a calquera outra actividade que se beneficie da expresión corporal, o curso desenvolverase os mércores de 19:00 a 20:30 horas dende o 15 de febreiro ao 18 de abril. Quen estea interesado en participar pode solicitar máis información na Área de Cultura do Campus, na Praciña da Universidade, ou nos teléfonos 982 821 513 e 982 821 500. O uso das máscaras neutras axuda a que sexa o corpo quen exprese no seu conxunto, prescindido do xesto facial, de aí a súa importancia en disciplinas relacionadas coa expresión corporal.

The contents of this page were updated on 02.07.2012.