Skip to main content

O Servizo de Publicacións da USC incorpora unha vintena de títulos á plataforma internacional e-libro.net

Unha vintena de títulos editados polo Servizo de Publicacións da USC incorporase a e-libro.net, unhas das maiores plataformas internacionais de distribución de contidos dixitais especializado no eido científico-técnico e con intensa presenza en América. Trátase dunha primeira achega que se produce logo dos contactos establecidos polo director do Servizo, Juan Blanco, coa directora para España de e-libro, Victorie Chevalier, na última edición da Feira do Libro española celebrada en outono en Madrid (LIBER). O acordo levou á formalización dun contrato de distribución de contidos dixitais que suporá de xeito inmediato a incorporación á plataforma da práctica totalidade das novidades editoriais da USC. En breve prazo de tempo e tras a sinatura dos correspondentes contratos, estarán tamén dispoñibles para a súa descarga comercial e baixo a protección DRM os ebooks da universidade compostelá nas librarías internacionais de Google Books e Torrossa-Casalini Libri.

The contents of this page were updated on 02.06.2012.