Skip to main content

O XV Quatum Music Festival trae este mércores á Sala Capitol a oito grupos afeccionados

Os grupos deben ter entre os seus integrantes, polo menos, a un membro da comunidade compostelá de Física

The Big Band Theory, Los 3 Quarks, Templanza, Alén de Ancos, Planck Floyd, Sally the Arachnophobic & The Giant Electric Spiders, Tutorías a las 3 de la mañana e El Gran Modesto conforman o cartel do XV Quantum Music Festival (QMF) que se vai celebrar este mércores 25 na Sala Capital con entrada gratuíta. As portas abrirán ás 21.00 horas e o concerto comezará ás 21.30 horas. Como en anteriores edicións, a única condición simbólica que sempre reúnen os grupos participantes do QMF, todos eles amateurs e de diferentes estilos musicais, é que polo menos un dos seus compoñentes sexa membro da comunidade de Física compostelá. Organizado e autoxestionado integramente por alumnos da Facultade de Física da USC, o QMF está deseñado a modo de festival de música e espectáculo. Ademais do directo destes oito conxuntos, sobre o escenario de Capitol haberá un concurso de Air Guitar e múltiples sorteos cortesía dos patrocinadores do festival. Pódense consultar máis detalles do evento no seu perfil de Facebook (http://www.facebook.com/events/387082864665575/).

The contents of this page were updated on 04.24.2012.