Skip to main content

A profesora María Jesús Núñez tomará posesión como decana da Facultade de Enfermaría de Santiago

A profesora María Jesús Núñez Iglesias tomará posesión este venres 27 como decana da Facultade de Enfermaría logo da súa reelección nunha xunta de centro celebrada o pasado mes de febreiro na que obtivo unha ampla maioría. O acto protocolario de toma de posesión celebrarase no Salón de Graos do Colexio de San Xerome a partir das 14.00 horas baixo a presidencia do reitor Juan Casares. Doutora en Medicina e Cirurxía pola USC, María Jesús Núñez é profesora titular dende o ano 2007, aínda que con anterioridade xa fora titular e catedrática de Escola. O seu labor investigador actualmente concéntrase ao redor do grupo Neuroinmuloxía, neumoloxía e biotecnoloxía (NIMBUS), do que é coordinadora.

The contents of this page were updated on 04.26.2012.