Skip to main content

A USC coordina un dos dous proxectos que se incorporan ao Fondo de Inversión en Ciencia da Fundación Barrié

É o proxecto ‘Quorum Quenching’ no ámbito da acuicultura

O Fondo de Inversión en Ciencia da Fundación Barrié destinará 430.000 euros a financiar dous proxectos de investigación da USC e da Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación do CHUS (IDICHUS) coa participación do SERGAS. Concretamente, o coordinado pola universidade compostelá é o proxecto ‘Quorum Quenching’.

Estes dous novos proxectos que se incorporan ao Fondo da Fundación Barrié presentaranse este mércores 6 nun acto ás 12.30 horas na Aula Magna do edificio docente Roberto Novoa Santos no CHUS. Participarán o presidente da Fundación Barrié, José María Arias; o reitor da USC, Juan Casares; a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera; e o presidente do Padroado da Fundación IDICHUS, Luis Verde Remeseiro.

Coordinado polo grupo de Biotecnoloxía e Acuicultura da USC, o proxecto ‘Quorum Quenching’ pretende validar un mecanismo alternativo aos antibióticos para o tratamento de infeccións, a través da degradación dos sinais de comunicación das bacterias, denominadas quorum sensing, reducindo desta maneira a virulencia dos seus ataques e polo tanto sendo moito máis fácil para o sistema inmune destruílas.

The contents of this page were updated on 06.05.2012.