Skip to main content

O CEDE organiza unha conferencia sobre a transposición do dereito europeo no eido do comercio electrónico

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza unha conferencia sobre ‘ Transposición do dereito europeo no eido do comercio electrónico’, o vindeiro mércores 30 ás 12.15 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Dereito. O convidado nesta ocasión é o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Pablo Olavide, Agustín Madrid Parra. As inscricións poden realizarse de xeito presencial no propio CEDE, a través do enderezo de correo electrónico cede [at] usc.es (cede[at]usc[dot]es) ou no mesmo ciclo o vindeiro mércores, o que dará dereito a recibir un diploma que acredite a asistencia.

The contents of this page were updated on 05.25.2012.