Skip to main content

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría cumpre dez anos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría cumpre dez anos
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría cumpre dez anos

A Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Santiago (ETSE) conmemorou este xoves 12 o seu décimo aniversario cun acto no propio centro que presidiu o reitor Juan Casares. No transcurso da sesión, o director da ETSE, Juan Lema, abriu unha quenda dedicada ao “Nacemento dunha Escola” na que tamén interviñeron o ex reitor Senén Barro e o ex vicerreitor de Infraestruturas Antonio López. A conmemoración comezou coa presentación da memoria de actividades da Escola durante 2010-2011 a cargo da secretaría do centro Mª Teresa Moreira. Continuou coa entrega dos premios ao Mellores Expedientes e Mellores Proxectos Fin de Carreira, aos da Calidade Lingüística de Traballos Académicos, os Leonardo á Docencia e Leonardo á Iniciación e os de Docencia en inglés no curso 2010-2011. Ademais, entregáronse os premios Tecnocom e Coremain ao Mellor Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática e o premio Coremain ao Mellor Traballo Fin de Máster en Investigación en Tecnoloxía Informática. A Escola Técnica Superior de Enxeñería é o centro máis novo da Universidade de Santiago. Foi creada en 2003 co obxectivo de acubillar as titulacións tecnolóxicas do campus compostelán nos ámbitos da enxeñarías ambiental, Informática e Química. Actualmente, acolle os graos en Enxeñaría Química e en Enxeñaría Informática, ademais do Master en Enxeñaría Ambiental, pioneiro en España; de Tecnoloxías da Información; Computacións de Altas Prestacións; e en Enxeñaría de Procesos Químicos e Ambientais; e en Enxeña.

Como explicou Juan Lema na sesión, nos Departamentos que dan soporte a estas titulacións desenvolven a súa actividade grupos de referencia, recoñecidos internacionalmente. Ademais o seu director subliñou que a Escola quere distinguirse polo seu espírito innovador en docencia e investigación e polo seu ambiente de traballo estimulante e amable. Neste senso, mantén iniciativas innovadoras como o programa de “Aula Profesional” -onde se complementa a formación en capacidades transversais-; a docencia de materias en inglés; a elaboración de informes anuais de titulación -con propostas de mellora-; o programa de titorías personalizadas ou o recoñecemento da docencia por medio dos “Premios Leonardo”.

The contents of this page were updated on 04.12.2012.