O CEDE conmemora o Día de Europa cunha xornada sobre Responsabilidade Social
Lembrando o día da declaración de Robert Schuman para a integración dos pobos europeos, o Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) celebra este mércores 9 unha xornada sobre Responsabilidade Social na Facultade de Dereito. En horario de 17.00 a 19.00 horas, esta actividade desenvolvese conxuntamente co Centro de Responsabilidade Social, Goberno Corporativo e Protección do Inversor da da USC. A profesora Noelia Romero iniciará a sesión explicando o papel das empresas na recuperación da crise económica nun contexto europeo. A continuación, as profesoras Marta Requejo e Consuelo Ferreiro farán as súas achegas dende a perspectiva do Dereito Internacional e da Protección dos Traballadores. Con esta presentación, o CEDE quere conmemorar o inicio do proceso de integración do continente ao redor non só dos mercados senón tamén da solidariedade. As persoas interesadas en asistir poden acudir directamente ao Salón de Graos da Facultade de Dereito. Para acadar máis información está dispoñible a web do CEDE http://www.usc.es/cede ou o enderezo de correo elena.carrillo [at] usc.es (elena[dot]carrillo[at]usc[dot]es).