A xornada ’12 horas sendo emprendedor’ busca impulsar o espírito emprendedor entre o estudantado
A xornada ‘12h sendo emprendedor’ é unha actividade que promoverá o espírito emprendedor entre o estudantado universitario, ofrecéndolle a perspectiva de que o emprendemento empresarial é unha opción de futuro, destacando tamén a importancia do intraemprendemento dentro das organizacións. O desenvolvemento desta iniciativa articúlase arredor da elaboración dunha ‘proposta de valor’ e a celebración de mesas redondas con expertos galegos. As persoas interesadas nesta actividade aínda poden inscribirse para o que deberán dirixirse a cristina.gil [at] rai.usc.es (cristina[dot]gil[at]rai[dot]usc[dot]es). O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza esta xornada de carácter gratuíto xunto co Centro de Emprendedorismo e Apoio ás Pequenas Empresas de Lisboa. Con carácter práctico, o encontro celebrarase no Salón de Graos da Facultade de Dereito a partir das 9.15 horas coa misión de que as persoas que participen aprenda a por en valor, buscar financiamento e nichos de mercado ás ideas e iniciativas dos novos emprendedores. No desenvolvemento do programa colaboran, xunto ao Fondo Social Europeo, expertos de RedEmprendia; Women Emprende; Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE); Centro de Responsabilidade Social das Empresas, Goberno Corporativo e Protección do Investidor da USC (CERGI); a Cátedra Bancaja de Mocidade Emprendedora; e do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (BIC Galicia).